O
dicionario etimolóxico de
Sebastián de
Covarrubias (1611)
indica que Pito é “o asubío dun neno” e o Dicionario de autoridades
(publicado entre 1726 e
1739) “frauta pequena como un asubío cun son
agudo”, e tamén “certo xénero de frautiña ou vaso de barro que botándolle
auga e soprando polo bico ou extremo, fai un son ou voz que imita o canto
ou rechouchío dos paxaros”.
No dicionario
etimolóxico de Joan Corominas (1954), a palabra pito é onomatopea de
asubío. En ocasións chámase así a embocadura dun instrumento.
Segundo o
Dicionario da R. Academia Española (1992) “instrumento pequeno que produce
un son agudo cando se sopra nel, asubío. Tamén o define como unha vasilla
pequena de barro, que produce un son semellante ao rechouchío dos paxaros
cando, chea de auga ata certa altura, se sopra polo bico.
No Dicionario da R.
Academia Galega (1997) “instrumento que serve para asubiar”. SIN. asubío,
chifre.
Así pois, somentes
se lle chama frauta (e referíndose ao asubío) no Dicionario de
autoridades, mentres que popularmente, tanto en Galicia como no resto do
estado español, nos referimos ao pito como frauta, aínda que difira na
forma e na execución.
O adxectivo
pastoril co que se clasifica as frautas é moi frecuente nos textos, e
dalgún xeito representa un emblema do bucólico.
O Pito Pastoril
Galego, como todas as frautas, foi un instrumento de pasatempos feito
fundamentalmente por pastores, cun número variable de buratos, e
posiblemente, para axudar a pasar as longas horas de soidade. Mais pouco
a poco, foi acadando unha perfección que lle confire dúas oitavas
cromáticas, ideal para tocar el só, acompañando á voz, con percusión,
zanfonas, requintas ou con gaitas.
Ten características
similares á frauta de bico, mais cunha diferenza que radica na dixitación,
que é moi similar á da gaita.
Esta diferenza é a
que o converte nun instrumento especial, xa que a técnica e a articulación
da frauta mestúrase coa dixitación da gaita, podendo empregarse tamén
picados e ornamentos de dedos propios dela.
Unha das funcións
do pito era e segue a ser a dun instrumento de estudo previo á gaita ou
para exercitarse sen o volume ou a aparatosidade de transporte desta.
Antigamente
fabricado con cana ou sabugueiro por pastores, nenos e afeccionados para
iniciarse na música, e actualmente, con buxo, granadillo, cocobolo e outras
madeiras nobres, por constructores profesionais. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pito pastoril galego de cana |
|
|
 |
Pode que noutro
tempo a súa forma fose ben distinta a como hoxe se coñece:
“... y que la
flauta travesera, o de forma alemana, en sus distintos tamaños, de
ordinaria, tercerola y flautín, vino a sustituir al pito de boquilla
biselada y de cuatro agujeros que, quintando daban más de una
octava...” (Cancioneiro Castrosampedro, pax. 203).
Aquí, fálase dun
pito de "catro" buratos, cando actualmente o máis elaborado ten oito.
Tamén Frei
Martín Sarmiento na súa colección lexicográfica comenta:
“…el castellano
tomó de flo la voz flato y flauta, y el gallego de flauta dice flauta y
flauteira que no creo se usa sino que se usó. Es la razón por que mudando
la FL o FR en CH y el AU en OU formó la voz chouteira que significa la
copla y tono que se canta a la flauta o silbato en las romerías o en los
molinos”.
Cando F.M.
Sarmiento se refire a “flauta” non sabemos si é de bico ou traveseira e o
“silbato” é posible que se trate dun pito, mais tampouco sabemos as súas
características.
Tanto no referente á calidade do son como ao número de buratos nos pitos de cana, o máis seguro é que
variase dependendo do ccoñecemento e das necesidades de quen os fixese,
que o máis seguro fose un afeccionado á musica.
Deste xeito comenta na súa web Pepe Temprano a súa lembranza de neno:
"
...E
andábache así con outros rapaces. Despois xa a medio día viñan as
rosquilleiras, cas rosquillas, e con unhas frautas de canaveira, con tres
buratos, catro buratos, cinco buratos... e cando ía cos meus pais e..
quero unha frauta, che compraban aquela frauta, que solo facía pipipi, e
na mais, a ver si nos entendemos... non había outra cousa. Era a música
dos rapaces, de feito custaba dous patacos."
www.pepetemprano.es
Ata nós chegaron construídos en madeira de buxo os tres seguintes pitos, de
artesán descoñecido e de seis
buratos frontais que o propietario Pepe Temprano, mercou
cando pechou a tenda de instrumentos musicais Canuto
Berea na Coruña, no ano 1987 .
Aínda que non sabemos quen é o artesán nen sequera se son construídos en
Galicia, falo deles porque tanto en madeira como en metal, tipo tin
whistle irlandés, era común tamén poder mercalos nas feiras. Seguramente
algunhos eran de importación e se empregaron sustituíndo aos pitos galegos.
|
1º Pito
- Artesán
descoñecido
-
Interior
con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao bisel
-
Tonalidade: G (A=
440 Hz).
- Madeira
de buxo dunha sóa peza con anelado en metal na parte inferior
-
Lonxitude: 22,5 cm
- 6
buratos frontais
-
Propiedade de Pepe temprano
|
 |
 |
2º Pito
- Artesán
descoñecido
-
Interior
con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao bisel
-
Tonalidade: F# (A=
440 Hz).
- Madeira
de buxo dunha sóa peza
-
Lonxitude: 23,8 cm
- 6
buratos frontais
-
Propiedade de Pepe temprano
- As
características dos pitos 1 e 2 indican que están construídos polo
mesmo artesán. A súa morfoloxía é idéntica e só cambia o tamaño e o
anelado inferior no pito 1, aínda que posiblemente o pito 2 tamén o
tivera e se perdese co tempo
|
 |
 |
3º Pito
- Artesán
descoñecido
-
Interior
con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao bisel
-
Tonalidade: C# (A=
440 Hz).
- Madeira
de buxo en dúas seccións con anelado en corno na parte inferior
-
Embocadura: 9,4cm
Cana: 23,8cm
Espigo: 3,2 cm
Lonxitude total: 30 cm
6
buratos frontais
Propiedade de Pepe temprano
|
 |
 |
|
|
|
 |
Tal como coñecemos hoxe
o pito pastoril estivo a piques de desaparecer. Paulino Pérez artesán de
Lugo e Basilio Carril de Santiago, foron os últimos construtores coñecidos
que os fabricaron e en tonalidade Mi bemol.
Na colección de Instrumentos
Musicais da Deputación de Lugo –Centrad- consérvanse varios pitos fabricados por
Paulino Pérez e según conta seu neto Luciano Pérez,
actual director
do citado museo,
seu avó chamáballe "freixolet". Este nome pode ser unha
galeguización do "flageolet" debido ao parecido que ten con este instrumento,
quizais porque Paulino quixo darlle aos seus pitos unha estética similar
Aínda que hai pequenas variacións entre eles,
as características
do pito de Paulino Pérez son:
·
Interior
con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao bisel.
·
Está formado por dúas pezas:
-
Boquilla con
bisel, onde se produce o son cunha prolongación a xeito de
ornamentación. A
boquilla na súa totalidade mide 12 cm..
-
Cana con sete buratos frontais que remata nun espigo de
16 mm.
na parte superior que encaixa na boquilla. A cana mide
22 cm.
e remata na parte inferior cun anelado en corno. Non presenta burato
posterior ou portador para o polgar da man esquerda.
·
O
pito ten un tamaño total de
34 cm.
·
Aínda que posiblemente haxa máis en mans de particulares, actualmente
temos constancia de tres pitos, un no
museo da Centrad (esquerda
foto )
en Lugo
e dous propiedade do seu neto Luciano. Están construídos en buxo na
cana e corno na boquilla, pau santo na cana e corno na boquilla.
·
Os tres están en tonalidade de
MI (A=
430 Hz). Subtónica D
no 7º burato, coa curiosidade de que o
sétimo burato fai unha subtónica e non unha sensible como os pitos de
Basilio ou Corral.
·
A
extensión musical do pito é de dúas oitavas
oitava.
·
A
súa dixitación é semellante á da gaita, de feito estes pitos
empregábanos para a aprendizaxe desta
os nenos do colexio Fingoi en Lugo polos
1960. |
|
   |
 |
Pitos en tonalidade de
Mi construídos en corno, buxo e pau santo polo artesán Paulino
Pérez en Lugo 1960. |
|
|
|
No ano 1971 Hispavox edita Os Xacobeos "Pitos Gallegos", un disco en vinilo
no que Basilio Carril e Miguel de Santiago interpretan catro temas con dúo de
pitos pastoriles construídos por Basilio: |
- Maruxa. A. Vives. Muiñeira
- O pote. M. de Santiago. Muiñeira
- Vindo do faro. Popular. Foliada
- Faragulliñas. B. Carril. Muiñeira
|
 |
Portada do E.P. "Pitos Gallegos" Hispavox 1971. |
|
 |
|
De Basilio Carril consérvanse varios exemplares, o da esquerda da imaxe está no Museo
do Pobo Galego e os outros dous son propiedade do gaiteiro Pepe
Temprano
mercados na tenda Canuto Berea da
Coruña no ano 1987. |
Aínda que tamén hai diferencias entre eles, especialmente na lonxitude,
as características xerais dos pitos de
Pito Basilio Carril son
(medidas tomadas do pito central):
-
Interior con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao
bisel.
-
Tonalidade: E5 (A=
440 Hz). Sensible D#
no 7º burato
-
Madeira de buxo en dúas seccións
- Embocadura: 10
cm.
- Cana: 21,9cm
- Espigo: 2,2 cm
-
Lonxitude total: 29,7 cm
- 7
buratos frontais e 1 posterior
   |
Pitos construidos en buxo por Basilio Carril polo ano 1960. Tonalida de Mi. |
Seguindo un modelo
de Basilio Carril, Antón Corral retomou a súa construción no ano 1970 cunha
innovación: a tonalidade de Re, ideal para acompañar a outros instrumentos
como a zanfona, requinta ou gaita. Como mostra, temos o
LP
“Intrumento Musicais Populares Galegos” do Grupo Didáctico-Musical do Obradoiro-Escola
de Gaitas e Zanfonas da Universidade Popular do concello de Vigo, dirixido por
Antón Corral e editado por Sonifolk no
ano 1990, onde se pode escoitar a gravación do Pito Pastoril tanto en
solitario como en conxunto cos instrumentos anteriormente citados.
|
 |
 |
Portada do LP Instrumentos Musicais Populares Galegos. Edt. Sonifolk
1990. |
|
|
|
|
|
|
|
Outra gravación con Pito Pastoril en Re construído por A. Corral con
madeira de granadillo podemos escoitala no
libro CD. “Guía Didáctica de
Instrumentos Galegos” Edt. Ouvirmos 2011 do autor deste mesmo
traballo, Moisés Quintas. |
 |
|
|
|
|
|
 |
Portada do libro CD. “Guía Didáctica de
Instrumentos Galegos” Edt. Ouvirmos 2011. |
|
|
|
|
|
|
|
Ademais, A. Corral na súa labor
docente, fixo de transmisor deses coñecementos aos seus alumnos que hoxe
seguen a fabricalos. Así, o artesán
Miguel Mosquera, discípulo de Corral, despois dun longo traballo de
investigación aumentou a tonalidade a Sol (contralto), a Do e Sib
(soprano) e recentemente a La (sopranino),
ampliando así as súas posibilidades interpretativas.
Tamén outros
artesáns como Carlos Corral, Xaime Rivas ou Benito Queimaliños, os fabrican en Re, Do ou Sib, ao tempo que
seguen a explorar novas tonalidades.
Deste xeito, da man
destes e doutros cosntructores de instrumentos, o Pito Pastoril Galego
atópase nun proceso de evolución constante, tanto na estética, mesturando
distintas madeiras e anelados, como no timbre ou aumentando a súa familia
cara modelos máis graves.
As c aracterísticas do
pito en Re, prototipo de Antón Corral e que posteriormente serviría
de modelo para os seus alumnos son:
-
Interior con furado lixeiramente cónico, co calibre máis ancho cara ao
bisel.
-
Está formado por dúas pezas:
-
Boquilla con bisel,
onde se produce o son. Mide uns 11 cm.
-
Cana con sete
buratos frontais, un ou dous deles pode ser dobre (os das notas Re e Mi
graves), e outro na parte dorsal para o polgar da man esquerda. Remata nun
espigo de 2 cm na parte superior que encaixa na boquilla. Mide uns 23 cm.
-
Ten un tamaño total de 32 cm, que pode variar en función da tonalidade.
-
Fabrícase tradicionalmente en buxo, aínda que agora se están a empregar
outras madeiras de importación como o granadillo.
-
A
extensión musical do pito é de aproximadamente dúas oitavas cromáticas, o
que permite tocar en calquera tonalidade, aínda que as máis empregadas
sexan Re, Sol e Do.
A
súa dixitación é semellante á da gaita, polo que tamén se emprega para a
aprendizaxe desta; de feito, gran parte dos vellos gaiteiros aprenderon
neles, fabricados en cana ou sabugueiro, antes de poder mercar unha gaita.
|
 
|
 |
|
Pito construido en buxo por Antón Corral en tonalida de Re. |
 |
|
Pitos en
tonalidade de Sol,Sib, Do e Re, granadillo anelado en buxo feitos polo
artesán Miguel Mosquera.
Audio do Pito contralto en Sol. |
|